DiBcom anuncia que a súa tecnoloxía foi integrada aos navegadores portátiles da marca Dayton VDO, inicialmente Siemens VDO
A televisión dixital é o futuro. Cada vez máis asentada nos fogares, agora chega aos navegadores portátiles. Os dous novos modelos de Dayton VDO, o PN4000 e o PN6000, ilustran a sofisticación dos dispositivos multimedia para a industria automóbil coas súas pantallas grandes e as súas funcións de entretemento. Non só os condutores poden confiar na demostración de alta calidade dos gráficos do mapa, de estrada e da información sobre o tráfico, senón tamén os pasaxeiros poden ser entretidos con música e vídeos, ademais de mirar os seus programas preferidos na TDT.
Yannick Lévy, presidente de DiBcom dixo: "Mirar a televisión nos coches faise cada vez máis popular e estamos moi contentos de que a nosa tecnoloxía sexa seleccionada polos navegadores portátiles VDO Dayton".
DiBcom foi a primeira compañía en desenvolver a tecnoloxía DVB-T para o sector automóbil. Agora, a nova xeración de receptores DVB-T integrados de DiBcom demostrou ser conveniente para navegadores GPS portátiles, debido ao seu pequeno tamaño e o seu baixo consumo.
Desde que estes navegadores son utilizados en vehículos móbiles e en altas velocidades, tiveron que ser alcanzados para os sistemas en coches. Grazas á innovación continua de DiBcom, estes dispositivos portátiles son capaces de beneficiarse das mesmas técnicas avanzadas, da recepción en diversidade 2 (antena dual) e da televisión en calquera velocidade.
Fonte: pc-actual
Serviço Minimo: TDT está por um fio, rádio parou no tempo.
-
Caro leitor, após prolongado silêncio ditado pela ausência de novidades,
não resisto a partilhar o meu desgosto sobre o estado da televisão e da
rádio no n...
Hace 4 días
No hay comentarios:
Publicar un comentario