O operador español de satélites Hispasat participa como coordinador do proxecto Profit de I D i TDT Universal vía satélite, iniciado en xuño de 2007. O proxecto, financiado polo Ministerio de Industria, ten como obxectivo principal avaliar e investigar distintas alternativas tecnolóxicas para a extensión da cobertura da Televisión Dixital Terrestre (TDT) ao 100 por cento da poboación española, mediante a implementación dunha plataforma vía satélite.
O proxecto tamén pretende avaliar sistemas de acceso condicional simple para protección dos contidos, permitindo o acceso gratuíto; analizar e desenvolver un sistema de sinalización dual terrestre e satélite (DVB-S2/DVB-T); desenvolver unha solución integral para a distribución e recepción dos programas da TDT, tanto en cobertura terrestre como en satélite.
Ademais do operador, no proxecto TDT Universal vía satélite tamén participan os seguintes organismos e empresas: Universidade Politécnica de Madrid, CRTVE, Televés, Abertis Telecom e a desarrolladora tecnolóxica Sidsa.
Fonte: sateliteinfos.es
Serviço Minimo: TDT está por um fio, rádio parou no tempo.
-
Caro leitor, após prolongado silêncio ditado pela ausência de novidades,
não resisto a partilhar o meu desgosto sobre o estado da televisão e da
rádio no n...
Hace 5 días
No hay comentarios:
Publicar un comentario