Pero destacamos:
- Segundo a última onda do EGM a peche de novembro, o 23,4% dos fogares (3,7 millóns) ou un 26,4% dos individuos (10 millóns de cidadáns)xa dispón de polo menos un sintonizador TDT. Segundo a estimación de Sofres, a peche de decembro 2007, a penetración da TDT elevábase ao 26% dos fogares.
- No mes de novembro 2007 vendéronse 415.480 sintonizadores TDT, máis da metade deles (un 52,8%) correspóndense con televisores coa tecnoloxía TDT integrada. Dos 326.512 televisores vendidos, un 67,1% (219.206 unidades) incorporaban sintonizador
TDT, cando o mes anterior representaban o 62%, confirmando que continúa a tendencia
decreciente da venda de televisores analóxicos (107.000 unidades no último período).
- O Senado aprobou unha moción que insta ao Goberno, conxuntamente coas
Comunidades Autónomas e outras administracións, a garantir o dereito dos usuarios
a recibir a información necesaria para saber se o aparello de televisión que vaian comprar está adaptado ou non á TDT.
- Este ano 2007 finaliza cun 9,5% de cota de pantalla da TDT, sendo 4,6 millóns de persoas as que xa contactan diariamente coa TDT. Madrid é a comunidade líder na implantación da TDT cunha cota de pantalla da TDT que se eleva ata o 16,2% e onde case un millón de cidadáns gozan da nova tecnoloxía diariamente.
- A valoración xeral da TDT naqueles fogares que xa a gozan sitúase en 6,8
puntos nunha escala de 1 a 10, sendo a calidade de imaxe e son e a variedade de contidos os aspectos positivos con maior número de mencións.
URL do PDF:
Unhas cousas sobre o PDF:
- A páxina está en castelán
- Se non tes instalado no teu ordenador un PDF, descárgateo:
Fonte: impulsaTDT
No hay comentarios:
Publicar un comentario