sábado, 24 de mayo de 2008

O apagamento analóxico chegará aos televisores de Ceuta o 30 de xuño do próximo ano

O fin do mundo analóxico en Ceuta será o 30 de xuño de 2009. Ese día chegará o apagamento analóxico e deixará de existir a televisión tal e como a coñecemos e os medios audiovisuais comezarán unha nova era para a que Ceuta está xa preparada, lista para ver a Televisión Dixital Terrestre. Así o asegurou onte a conselleira Mocidade, Deportes e Novas Tecnoloxías, Kissy Chandiramani, que, da man do director técnico de RTVCE, Manuel González Navarro, asegurou que a cobertura do sinal roza o cento por cento cun único buraco negro: a barriada de Benzú. RTVCE elaborou ademais varios anuncios, rodados en Ceuta, para promocionar a implantación da TDT e está levando a cabo unha enquisa de penetración dos decodificadores. Ademais, a Cidade facilitará toda a información necesaria na web "www.ceuta.es/TDT e no teléfono gratuíto 900 701 762

Fonte: diariosur.es

No hay comentarios: