Fontes de Telecinco declararon hoxe a este portal que os responsables da cadea está estudando pedir ao Goberno unha moratoria de cinco anos para o lanzamento do pago na TDT española "para poder competir en igualdade de condicións cos radiodifusores que, actualmente, xa posúen contidos para ofrecer televisión dixital a través desta modalidade".
Diferentes probas piloto para estudar a viabilidade de cobrar por contidos de primeira calidade na TDT puxéronse en marcha, como a recentemente realizada en Estremadura, onde participou o operador de rede Abertis Telecom. E agora, creouse a empresa privada Dahlia TV para lanzar un paquete de tres ou catro canles por dez euros ao mes no que se incluiría cine, documentais e deportes.
Finalmente, está a produtora Mediapro, posuidora dos dereitos de retransmisión do fútbol da Liga Española e a Copa do Rei para as cinco próximas tempadas, polo que os seus responsables xa declararon que estarían dispostos a ofrecer estes partidos en pago por visión a un euro cada un.
Fonte: mundoplus
Serviço Minimo: TDT está por um fio, rádio parou no tempo.
-
Caro leitor, após prolongado silêncio ditado pela ausência de novidades,
não resisto a partilhar o meu desgosto sobre o estado da televisão e da
rádio no n...
Hace 3 minutos