domingo, 10 de mayo de 2009

laSexta inicia as súas emisión en formato panorámico

Estrea este formato nas retransmisións de Formula 1 do GP de España e a GP2.

laSexta inicia este fin de semana as súas emisións en formato panorámico, coas retransmisións de Formula 1 do Gran Premio de España e as carreiras de GP2 que se disputan en Barcelona.

Trátase dun formato de vangarda tecnolóxica, do que laSexta é a primeira cadea de ámbito nacional que o ofrece. Esta tecnoloxía achega unha maior calidade de imaxe, coa programación a pantalla completa, pasando o que se denomina tecnicamente de 4:3 a 16:9, especialmente apreciable nos grandes acontecementos deportivos.

Os telespectadores que sigan as emisións da laSexta en TDT con televisor panorámico poderán ver automaticamente as imaxes neste formato sen que aparezan na pantalla as habituais bandas negras arriba e abaixo ?formato caixa de correos-, algo que permanecerá nas emisións analóxicas.

laSexta estrea esta tecnoloxía, sen dúbida, impulsora da TDT, coas retransmisións de Formula 1 e GP2 deste fin de semana e o seu obxectivo é ampliala paulatinamente a toda a súa programación.

O formato panorámico é outra iniciativa de laSexta para seguir avanzando na vangarda tecnolóxica, un dos selos de identidade da cadea que tamén é pioneira nas transmisións multimedia de grandes acontecementos deportivos, como os de Fórmula 1, fútbol e baloncesto e tamén das emisións en alta definición a través de Internet dos seus programas.

Fonte: http://www.formulatv.com
Artigo orixinal: http://www.formulatv.com/1,20090508,11287,1.html (edición en castelán)