jueves, 6 de diciembre de 2007

A revista: 'Mellora a cobertura TDT en...' Nº3

A Rioxa é unha comunidade que lles tocou o 'apagón analóxico' en 2009 (creo, non sei)

Para os que viven ou teñen familia na Rioxa, esta noticia lles interesará para saber cando terán TDT no seu pobo
____________________________________________________________

A RIOXA DISPORÁ DA TDT EN "TODO" O SEU TERRITORIO ANTES DO DECEMBRO DO 2009

A Rioxa disporá de cobertura para a Televisión Dixital Terrestre (TDT) en "todo" o territorio o 31 de decembro de 2009, tres meses antes da data prevista polo Ministerio de Industria para o 'apagamento analóxico', o 3 de abril de 2010. O conselleiro de Administracións Públicas, Conrado Escobar, ofreceu hoxe unha rolda de prensa para presentar o Plan para o Impulso da TDT, acompañado do secretario xeral técnico da Consellería, Antonio Ruiz Lasanta, e o presidente da Federación Rioxana de Municipios, Roberto Varona.


Con este plan, que suporá un investimento de 3,8 millóns de euros, o Goberno pretende garantir que os rioxanos conten co sinal de TDT nos seus fogares. Na actualidade, a TDT chega ao noventa da poboación e ao cincuenta por cento dos municipios.


Do investimento previsto polo Executivo, 3,2 millóns de euros destinaranse á dotación de cobertura no territorio e 650.000 euros ao resto das actuacións incluídas no plan. Así, os eixos previstos son avance e extensión de cobertura, antenización e sintonizadores, contidos, divulgación e Observatorio da TDT na Rioxa.


O plan desenvolverase por fases de cobertura. Durante o primeiro semestre de 2008 prevese chegar ao 93 por cento de municipios, no segundo ao 96, no primeiro semestre de 2009 quérese chegar ao 98 por cento dos municipios para, por fin, no segundo semestre de 2009 chegar ao cento por cento.


Doutra banda, o Goberno da Rioxa porá en marcha un portal autonómico de TDT que ofrecerá, fundamentalmente información de utilidade e servizos do Goberno da Rioxa (noticias, eventos, meteorología, cultura, ou informacións útiles para o cidadán). Os rioxanos poderán acceder a esta canle a través dos dous concesionarios autonómicos de Televisión Dixital Terrestre na nosa comunidade, Rioxa 4 e TVR, que comezaron as súas emisións o 31 de decembro de 2005.


Para dar a coñecer a TDT poranse en marcha folletos divulgativos, unha web informativa (www.tdtlarioja.org) que xa está operativa e un teléfono informativo (902 075159). Así mesmo, abriranse TDTecas como espazos informativos e de formación para explicar aos cidadáns as vantaxes que ten esta nova canle de comunicación. En concreto, estableceranse tres puntos dentro das cibertecas da rúa Huesca e Jorge Vigón de Logroño e na do Paseo do Mercadal de Calahorra. A súa apertura está prevista a partir de xaneiro de 2008.

Para rematar, o Goberno da Rioxa creará o Observatorio da TDT na Rioxa co obxectivo de solicitar e analizar toda a información posible sobre o proceso de transición cara á TDT na cidadanía rioxana, e desenvolver informes e conclusións coa información obtida

Fonte: larioja.com

No hay comentarios: