jueves, 27 de marzo de 2008

Correo TV, primeira privada galega que emitirá en TDT

Correo TV comezará as emisións en TDT nas próximas semanas, previsiblemente antes de que finalice o mes de abril. Onte, os técnicos de Retegal, empresa pública galega encargada de difundir o sinal da canle compostelá, procedían a colocar unha antena procedente de Alemaña no alto da torre do centro emisor do Pedroso. Para iso utilizaron un guindastre xigante, que elevou os paneis a 65 metros de altura.

A canle de televisión do Grupo Correo Galego será o primeiro privado galego que dá o salto á TDT, converténdose así en pioneiro da nova tecnoloxía no ámbito da comunidade e adiantándose ao apagamento analóxico en máis dun ano. Dentro do plan de transición da tecnoloxía analóxica á dixital, está previsto que o cesamento das emisións analóxicas na demarcación de Santiago prodúzase no primeiro semestre de 2009, mentres que a data límite para o conxunto de Galicia e España será o 3 de abril de 2010.

Desta forma, Correo TV adiántase ás previsións oficiais. A nova televisión cubrirá, con centro en Santiago, un área de 300.000 habitantes. As emisións chegarán a todos os municipios da comarca, cunha calidade de imaxe e son extraordinaria. Poderá sintonizarse na canle 23 da TDT.

Editorial Compostela posúe licenzas para a explotación de catro emisoras de televisión dixital terrestre local. Ademais da referida a Santiago, tamén porá en marcha emisoras nas demarcacións de Ribeira, Lalín e Vimianzo.

Recentemente foille concedido polo Ministerio de Industria o dominio do espectro radioeléctrico para emitir en dixital nas citadas demarcacións. A área de cobertura das catro emisoras do Grupo Correo Galego chega a unha poboación superior ao medio millón de habitantes, no centro de Galicia, unha zona de gran dinamismo económico e social.A TDT ofrece, xunto a unha excelente calidade de son e imaxe, a posibilidade de implantar servizos adicionais, similares a un terminal de computador. Coa tecnoloxía dixital cambia a forma de ver e entender a televisión. A
caixa boba deixa de ser tal, un obxecto pasivo, para converterse en instrumento interactivo. Con esta iniciativa o Grupo Correo Galego colócase á fronte, en primeira liña dos avances tecnolóxicos, cunha aposta firme e decidida pola televisión do futuro.

O inicio das emisións en dixital será antes, ata, que o das cadeas autonómicas, cuxa concesión producir con moita antelación ás locais.

Fonte: el correo gallego (adaptado)

No hay comentarios: