A canle temática de Disney Channel poderá verse gratis a partir do próximo 1 de xullo. A compañía anunciou hoxe que emitirá a súa programación a través da televisión Dixital Terrestre, na canle que actualmente ocupa Fly Music.
Os vídeos musicais substituiranse así polas series de animación e de ficción -desde o emblemático Mickey Mouse e compañía ata a exitosa Hanah Montana- e as películas de produción propia da factoría Disney, como High School Musical.
Fly Music é un das dúas canles que ten adxudicados en TDT NetTV, participada polo grupo Vocento (55%), Grupo Intereconomía (25%) e a mesma The Walt Disney Company Iberia (20%).
A mudanza desde a plataforma de pago á TDT non significará, de momento, o abandono de Dixital . Disney Channel atópase aínda negociacións coa empresa de présa, pero en prinicipio manterá nesta plataforma as programacións doutros das súas canles, como Playhouse Diney e Toon Disney.
A decisión foi comunicada nunha rolda de prensa organizada como unha estrea de cine, alfombra vermella incluída e mozos pola rúa con carteis que anunciaban que "algo grande vai pasar".
Fonte: ElMundo.es
Serviço Minimo: TDT está por um fio, rádio parou no tempo.
-
Caro leitor, após prolongado silêncio ditado pela ausência de novidades,
não resisto a partilhar o meu desgosto sobre o estado da televisão e da
rádio no n...
Hace 5 días
1 comentario:
Óptima noticia para impulsionar a TDT espanhola. Em portugal a TDT terá só 5 canais gratis (RTP1, RTP2, SIC, TVI, +novo canal), oferta muito pobre!
Yagi
tdt-portugal.blogspot.com
Publicar un comentario