lunes, 11 de mayo de 2009

Informe Mayo 2009: Impulsa TDT

TODO SOBRE A TDT NO O PORRIÑO, MOS, SALCEDA DE CASELAS E TUI

Destácase:

·A cobertura técnica da TDT achégase o 95% da poboación española a finais de abril.

· O 69,2% dos edificios con instalación de antena comunitaria xa está adaptado para a recepción de TDT, segundo os datos do panel de FENITEL do primeiro trimestre do ano. Aínda quedan pendentes de "antenizar" en España uns 385.000 edificios.

· As vendas de sintonizadores de TDT rexistradas en marzo polo panel de GfK foron de 623.000 unidades.

· Alcánzase unha cifra acumulada superior aos 17,5 millóns de equipos TDT vendidos en España, dos cales 2,3 millóns corresponden ao primeiro trimestre de 2009.

· Os televisores con pantalla plana representan o 44% das vendas de equipos TDT en marzo.

· O 57,3% dos fogares españois posúe polo menos un receptor de TDT, segundo a primeira onda de 2009 do Estudo Xeral de Medios.

· Os datos da primeira onda do EGM indican que o número medio de sintonizadores TDT por fogar en marzo 2009 é de 1,41.

· A cota de pantalla da TDT crece 1,4 puntos en abril e establécese no 28,7% da audiencia total de televisión.

· A recepción analóxica continúa a súa caída e queda no 50% do visionado total da televisión.

Descarga o informe premendo aquí: http://www.impulsatdt.es/pdf/boletin/INFORME_MAYO_2009.pdf (edición en castelán)

Para poder ver o documento, terá que descargarse o Adobe Reader 9.1: href="http://get.adobe.com/es/reader/">http://get.adobe.com/es/reader/

No hay comentarios: