domingo, 27 de enero de 2008

Antena.neox emitirá diariamente o magacín 'NBA Live'

O magacín diario producido pola propia liga de baloncesto norteamericana que resumirá cada xornada da NBA

O magacín diario producido pola propia liga de baloncesto norteamericana que resumirá cada xornada da NBA (National Basket Association) e recollerá toda a información que se xere ao redor da mellor liga de baloncesto do mundo.
CITA EN NEOX con Pau Gasol, José Manuel Calderón, Jorge Garbajosa, Sergio Rodríguez, Juan Carlos Navarro e o resto das estrelas da NBA

Á conclusión de cada xornada, os telespectadores de Neox teñen unha cita, a partir das 15:45 horas, con NBA Live para gozar das mellores xogadas de Pau Gasol (en Memphis Grizzlies desde 2001), José Manuel Calderón (Toronto Raptors, 2005), Jorge Garbajosa (Toronto Raptors, 2006), Sergio Rodríguez (Portland Trail Blazers, 2006) e Juan Carlos Navarro (Memphis Grizzlies, 2007), que constitúen o maior grupo de xogadores españois na historia da NBA, e do resto das estrelas da competición norteamericana.

Así mesmo, o magacín NBA Live ofrecerá entrevistas, noticias, os próximos enfrontamentos, clasificacións e estatísticas que se xeren en cada xornada da liga profesional norteamericana.

Fonte: mundoplus

3 comentarios:

Anónimo dijo...

alguien sabe cual es el titulo de la cancion que suena en el anuncio? es de hip hop pero no tengo claro quien la canta....ayuda plis!!

Anónimo dijo...

yo tambien estoy buscando la cancion!!!
se que dice algo de are you ready?? y no se que pero no encuentro nada :(

Anónimo dijo...

se llama fort minor - remeber the name