domingo, 27 de enero de 2008

Por fin, as TDT´s?

A Xunta saca a concurso a contratación da Oficina Técnica para o Desenvolvemento da Televisión Dixital Terrestre…

En total, 210.000 euros para unha ofician que “exercerá de elemento tractor e coordinador das iniciativas impulsadas e lideradas pola Dirección Xeral de Comunicación Audiovisual e polos distintos axentes implicados no proceso, necesarias para garantir o éxito da implantación da Televisión Dixital Terrestre en Galicia, asegurando a máxima transparencia, a neutralidade e independencia dos intereses dos diferentes axentes“. Podes velo aquí.

A pesar dos concursos, seguen sen coñecerse os proxectos definitivos das empresas adxudicatarias das televisións dixitais terrestres aprobadas; nin a súas plantillas, nin as súas condiccións técnicas, nin o seus contidos, entre os que se atopa a promoción da cultura e da lingua galegas. Lembramosvos os temas relacionados.

Fonte: galiciaconfidencial.com

No hay comentarios: