domingo, 6 de abril de 2008

Calendario do 'apagamento' analóxico

Só faltan dous anos para que a transición da televisión analóxica desemboque no esperado 'apagamento', programado para o 3 de abril de 2010. Cando empeza esta conta atrás, o 85,3% da poboación ten xa cobertura de Televisión Dixital Terrestre e o 52% das antenas colectivas están adaptdas. Ademais do caso pioneiro da Fonsagrada, Lugo, onde este sábado despídense as canles analóxicas, restan unha serie de citas, marcadas en vermello no calendario da TDT.

Plan piloto de Soria
A provincia castelá foi a elixida no plan tecnolóxico para realizar o gran proxecto piloto. En xuño procederase ao 'apagamento' analóxico, que afectará a 50.000 cidadáns que viven en 69 poboacións sorianas.

Xullo de 2009
É unha data crave porque 1.278 municipios, de todos os tamaños e distribuídos por toda España, deixarán de recibir o sinal analóxico. Afectará ao 11,5% dos españois.

Finais de 2009
O 31 de decembro do próximo ano xa serán 14,5 millóns de persoas as que só poderán ver televisión a través do sinal dixital no conxunto do país. Todas as comunidades autónomas se verána afectadas por estes 'apagamentos'.

'Apagamento' definitivo
Será o 3 de abril de 2010, se se cumpren os prazos previstos. Ese día pecharase un longo proceso de transición, iniciado en España en novembro de 2005 cando se relanzou a TDT.

Fonte: elmundo.es (Adaptado)

1 comentario:

Anónimo dijo...

Hello. This post is likeable, and your blog is very interesting, congratulations :-). I will add in my blogroll =). If possible gives a last there on my blog, it is about the Webcam, I hope you enjoy. The address is http://webcam-brasil.blogspot.com. A hug.