domingo, 6 de abril de 2008

A cobertura de TDT chega ao 85,38% da poboación

A cobertura dos sinais de Televisión Dixital Terrestre (TDT) supera o 85,38 por cento do total da poboación e o 51,7 por cento dos edificios con antena colectiva xa realizaron as modificacións pertinentes para adaptar as súas instalacións ás emisións dixitais.

Así o anunciou na presentación do Anuario 2007 da TDT, o director xeral das Telecomunicacións e Tecnoloxías da Información e Comunicación, Bernardo Lorenzo, quen agregou que ata o momento vendéronse en España 9 millóns de sintonizadores.

No referente ás audiencias, a TDT, segundo o presidente de Impulsa TDT, Eduardo Gutiérrez, que entrará en vigor en abril de 2010, dispón dunha cota media de pantalla do 12 por cento e son 13 millóns de españois (uns cinco millóns de fogares) os que teñen acceso á TDT. Impulsa TDT é a Asociación para a Implantación e Desenvolvemento da Televisión Dixital Terrestre.

Doutra banda, Lorenzo explicou que o 30 de xuño de 2009, aproximadamente o 11,6 por cento dos españois vivirán o seu particular "apagamento analóxico", e o 31 de decembro de 2009 o cesamento de emisións analóxicas afectará a outro 19,8 por cento da poboación.

"Isto quere dicir que en menos de 700 días, aproximadamente 14,5 millóns de persoas deixarán de ver a televisión en analóxico e pasarán a recibir unicamente o sinal da TDT", explicou na presentación Gutiérrez.

"Unha das consecuencias directas da crecente importancia da TDT na distribución da audiencia é a consecuente redución do peso da televisión analóxica, que presentaba en febreiro de 2008 a súa cifra histórica máis reducida, o 69,8 por cento do total", indicaron tanto Lorenzo como Gutiérrez.

Á súa vez, o anuario da TDT revela que o ano pasado a cifra de televisores con TDT integrado superou á de televisores analóxicos, alcanzándose os 2.025.000 unidades vendidas.

Ademais en xullo de 2009, un total de 1.278 municipios de toda España deixarán de recibir o sinal analóxico, entre elas cidades como Zaragoza, Oviedo, Segovia, Vitoria, Huelva ou Las Palmas de Gran Canaria.

Para rematar, Gutiérrez subliñou que o paso á TDT será un dos retos tecnolóxicos e audiovisuais máis importantes para a sociedade, logo da chegada da televisión, e que o seguinte paso será o proceso de cambio á Alta Definición.

Ademais subliñou que o tema do uso irregular do espectro eléctrico debe resolverse e que Impulsa TDT cre "inequivocamente neste proceso" de cambio á Televisión Dixital Terrestre (TDT).

Fonte: lavanguardia.es

No hay comentarios: