domingo, 27 de abril de 2008

Todos os canais da TDT xa se poden ver dende o repetidor do Monte Aloia (Tui)

Dende hai unha semana xa se poden ver todos os canais da TDT (incluíndo ás súas respectivas radios)

Os canais que xa se viron xa se poden añadir 9 canles novos de TV e 4 radios: VEO, SETenVEO, Tienda en VEO, Intereconomía, Teledeporte, Antena 3, antena.neox, antena.nova, Hogar 10; radio intereconomía, Ondacero, EuropaFM, Onda melodía

Isto débese a que xa se activaron a emisión dos Muxes 48 e 66 que xa se poden ver en Tui, O Porriño, Salceda de Caselas, Mos, Tomiño, O Rosal; e en menor medida en Gondomar, Nigrán, Baiona, Salvaterra de Miño, Ponteareas e As Neves. Tamén se poden ver nos cencellos limítrofes con España có río: Valença de Miño, Monçao, Vila Nova de Cerveira; e en menor medida en Melgaço e Caminha

A TDT durante este tempo en Tui

Dende 2005, se unah persoa quería recibir a TDT tiña que xirar a súa antena hacia ao repetidor de A Cañiza ou hacia Domaio, pero se se xiraba á Cañiza non se podía ver o Mux 45: cuatro, laSexta, CNN+, 40 Latino

En decembro e 2006 xa se podía recibir dende o repetidor de Tui (que é o que está no Monte Aloia) só se podían ver as canles públicos (TVE, TVG e as súas canles dixitais e as súas radios) que corresponden aos Muxes 63 e 58 respectivamente

Dende verán de 2007 xa se empezou a emitir os Muxes 45 e 67, que corresponden a Cuatro, laSexta, CNN+, 40 Latino; Telecinco, Telecinco Estrellas (FDF Telecinco), Telecinco Sport (Telecinco 2) e Punto Radio

En xaneiro comézase a emitir CincoShop e en Marzo PROMO e as radios 40 principales, Cadena Ser, Cadena Dial

domingo, 6 de abril de 2008

Calendario do 'apagamento' analóxico

Só faltan dous anos para que a transición da televisión analóxica desemboque no esperado 'apagamento', programado para o 3 de abril de 2010. Cando empeza esta conta atrás, o 85,3% da poboación ten xa cobertura de Televisión Dixital Terrestre e o 52% das antenas colectivas están adaptdas. Ademais do caso pioneiro da Fonsagrada, Lugo, onde este sábado despídense as canles analóxicas, restan unha serie de citas, marcadas en vermello no calendario da TDT.

Plan piloto de Soria
A provincia castelá foi a elixida no plan tecnolóxico para realizar o gran proxecto piloto. En xuño procederase ao 'apagamento' analóxico, que afectará a 50.000 cidadáns que viven en 69 poboacións sorianas.

Xullo de 2009
É unha data crave porque 1.278 municipios, de todos os tamaños e distribuídos por toda España, deixarán de recibir o sinal analóxico. Afectará ao 11,5% dos españois.

Finais de 2009
O 31 de decembro do próximo ano xa serán 14,5 millóns de persoas as que só poderán ver televisión a través do sinal dixital no conxunto do país. Todas as comunidades autónomas se verána afectadas por estes 'apagamentos'.

'Apagamento' definitivo
Será o 3 de abril de 2010, se se cumpren os prazos previstos. Ese día pecharase un longo proceso de transición, iniciado en España en novembro de 2005 cando se relanzou a TDT.

Fonte: elmundo.es (Adaptado)

A cobertura de TDT chega ao 85,38% da poboación

A cobertura dos sinais de Televisión Dixital Terrestre (TDT) supera o 85,38 por cento do total da poboación e o 51,7 por cento dos edificios con antena colectiva xa realizaron as modificacións pertinentes para adaptar as súas instalacións ás emisións dixitais.

Así o anunciou na presentación do Anuario 2007 da TDT, o director xeral das Telecomunicacións e Tecnoloxías da Información e Comunicación, Bernardo Lorenzo, quen agregou que ata o momento vendéronse en España 9 millóns de sintonizadores.

No referente ás audiencias, a TDT, segundo o presidente de Impulsa TDT, Eduardo Gutiérrez, que entrará en vigor en abril de 2010, dispón dunha cota media de pantalla do 12 por cento e son 13 millóns de españois (uns cinco millóns de fogares) os que teñen acceso á TDT. Impulsa TDT é a Asociación para a Implantación e Desenvolvemento da Televisión Dixital Terrestre.

Doutra banda, Lorenzo explicou que o 30 de xuño de 2009, aproximadamente o 11,6 por cento dos españois vivirán o seu particular "apagamento analóxico", e o 31 de decembro de 2009 o cesamento de emisións analóxicas afectará a outro 19,8 por cento da poboación.

"Isto quere dicir que en menos de 700 días, aproximadamente 14,5 millóns de persoas deixarán de ver a televisión en analóxico e pasarán a recibir unicamente o sinal da TDT", explicou na presentación Gutiérrez.

"Unha das consecuencias directas da crecente importancia da TDT na distribución da audiencia é a consecuente redución do peso da televisión analóxica, que presentaba en febreiro de 2008 a súa cifra histórica máis reducida, o 69,8 por cento do total", indicaron tanto Lorenzo como Gutiérrez.

Á súa vez, o anuario da TDT revela que o ano pasado a cifra de televisores con TDT integrado superou á de televisores analóxicos, alcanzándose os 2.025.000 unidades vendidas.

Ademais en xullo de 2009, un total de 1.278 municipios de toda España deixarán de recibir o sinal analóxico, entre elas cidades como Zaragoza, Oviedo, Segovia, Vitoria, Huelva ou Las Palmas de Gran Canaria.

Para rematar, Gutiérrez subliñou que o paso á TDT será un dos retos tecnolóxicos e audiovisuais máis importantes para a sociedade, logo da chegada da televisión, e que o seguinte paso será o proceso de cambio á Alta Definición.

Ademais subliñou que o tema do uso irregular do espectro eléctrico debe resolverse e que Impulsa TDT cre "inequivocamente neste proceso" de cambio á Televisión Dixital Terrestre (TDT).

Fonte: lavanguardia.es

INFORME MENSUAL DA TDT: Anuario 2007 e Marzo 2008

Impulsa TDT nos ofrece o anuario do 2007 que resume como foi a TDT o ano pasado:

http://www.impulsatdt.es/pdf/ponencias/ANUARIO_TDT_2007.pdf


E aquí o informe do mes de marzo deste ano:

http://www.impulsatdt.es/pdf/boletin/IMFORME_MENSUAL_MARZO_2008.pdf
Fontes do PDF: impulsatdt


Se non tes lector PDF no teu ordenador: http://www.adobe.com/es/products/acrobat/readstep2.html

AUDIENCIAS TDT: Marzo 2008

Cuota de pantalla da TDT: 12% (+0,5)

1. Telecinco: 16% (-0,2)
2. La 1: 13,6% (+2,4)
3. Antena 3: 13,2% (=)
4. laSexta: 8,4% (-0,5)
5. Cuatro: 8% (=)
6. Antena.Neox: 3,9% (-0,4)
7. La 2: 3,4% (+0,2)
8. Clan TVE: 2,6% (-0,8)
9. Antena.Nova: 2,3% (+0,4)
10. Teledeporte: 1,6% (+0,4)
11. CNN+: 1,1% (+0,2)
12. FDF: 1,1% (-0,2)
13. 40 Latino: 1% (-0,2)
14. Telecinco 2: 0,8% (+0,3)
15. SETenVEO: 0,7% (-0,1)
16. Hogar 10: 0,7% (=)
17. VEO: 0,6% (-0,1)
18. NET TV / Intereconomía: 0,6% (-0,2) [0,1% de NET TV + 0,5% de Intereconomía]
19. 24 Horas: 0,5% (-0,1)
20. Flymusic: 0,1% (-0,1)

Por grupos
TVE: 21,7% (+2,1)
Grupo Antena 3: 19,4% (=)
Grupo Telecinco: 17,9% (-0,1)
Sogecable: 10,1% (=)
Grupo laSexta: 9,1% (-0,5)
Grupo VEO: 1,3% (-0,2)
Vocento: 0,7% (-0,3)

Cuota de pantalla de la TDT por comunidades autónomas:

Comunidad de Madrid: 20,2% (-0,2)
Islas Canarias: 15,8 (+1,4)
Región de Murcia: 14,9% (+4,4)
Comunidad Valenciana : 14,2% (-1,0)
Cataluña: 14,2% (+0,9)
Andalucía: 10,6% (+0,7)
Aragón: 9% (+0,1)
País Vasco: 8,3% (+0,9)
Galicia: 7,9% (+0,3)
Resto de comunidades: 6,8% (+0,8)
Islas Baleares: 6,5% (+0,1)
Asturias: 6,4% (+0,4)
Castilla-La Mancha: 5,9% (+0,7)

Fonte: Impulsa TDT

sábado, 5 de abril de 2008

A Fonsagrada convértese desde hoxe en pioneiro do 'apagón analóxico' e a primeira en España en cesar as emisións analóxicas e abrir as portas a TDT



O municipio di adeus á recepción analóxica da televisión dous anos antes que todos os demais

Coa presenza do secretario de Estado de Telecomunicacións e das primeiras autoridades galegas e provinciais, o presidente da Xunta pulsa este medio día na Fonsagrada, ás 12.30 horas na Praza do Museo, a chave simbólica que apaga a televisión analóxica e inicia a etapa exclusivamente dixital. No resto de España este proceso terá lugar dentro de dous anos, tempo durante o que o municipio lucense servirá como laboratorio para que os técnicos comproben a eficacia da tecnoloxía implantada e corrixan os posibles fallos.

Pero a data ten o carácter simbólico que pretende outorgarlle a Xunta, dado que na práctica aínda quedan zonas ás que non chega a TDT. Tamén faltan por distribuír a metade dos descodificadores que achega a Administración autonómica. A secretaría xeral de Comunicación comprometeuse a regalar un aparello por vivenda. Fai preto dun mes enviou un milleiro, que foron repartidos polo organismo municipal, pero aínda están pendentes outros tantos. Segundo sinalou o alcalde, Argelio Fernández Queipo, esperan recibilos a próxima semana e non terán gran incidencia no «apagamento» porque as casas que non os teñen son fundamentalmente as da vila, que sintonizan a TDT desde fai meses. De momento tamén entregaron só un por familia, aínda que o obxectivo é un por vivenda, incluídas as segundas.

Ata que pasen algunhas semanas tampouco haberá cobertura ao 98?% ou na totalidade do municipio como prometeu a Xunta. Aínda quedan por liquidar problemas técnicos cos reemisores que cobren vales de difícil acceso de parroquias como Freixo e Piñeira. A instalación dos repetidores por todo o municipio comezou fai meses, tempo durante o que foron instalados dous máis potentes e unha rede de estacións de tamaño reducido para cubrir espazos que en moitos casos abarcan unha parroquia ou un val. Nestas últimas semanas os traballos dos técnicos centráronse sobre todo en axústelos, debido a que é unha tecnoloxía moi recente e aínda pouco experimentada.

Unha cadea de cobertura estatal ata adxudicou a distribución do seu sinal dixital con posterioridade ao comezo dos traballos para a implantación da TDT no municipio da Fonsagrada.

Actuación musical

O presidente da Xunta, a presidenta do Parlamento, o secretario de Estado, varios conselleiros e o secretario xeral de Comunicación, xunto co presidente da Deputación, permanecerán na vila fonsagradina parte da xornada e tras o acto público na praza asistirán a unha comida. Pero ademais do programa oficial haberá un concerto coa actuación da cantante Rosa Cedrón e do grupo Cómplices.

O alcalde espera que esta sexa unha xornada festiva coa participación de todo a veciñanza porque, ademais do beneficio, considera unha honra que o municipio sexa o elixido para inaugurar o apagamento da televisión analóxica. Tamén se referiu á satisfacción xeneralizada dos fonsagradinos. La Voz dedica hoxe un especial con ampla información da TDT.

Fonte: lavozdegalicia.es (Adaptación)
______________________________________________________

A continuación, uns vídeos sobre a noticia en diferentes informativos (Algúns dos vídeos seguintes hay que darlle click no link que vai a páxina do vídeo)


Vídeo do momento do 'apagado analóxico' na Fonsagrada en Noticias Cuatro:



Fonte: youtube.com


Vídeo sobre a noticia na TVG (Televisión de Galicia)

http://www.agalega.info/videos/?emi=2211&corte=2008-04-05&hora=14:29:00&canle=tvg1

Fonte: agalega.info


Vídeo sobre a noticia en Informativos Telecinco

http://www.mitele.telecinco.es/informativos/sociedad/18841.shtml

Fonte: informativos.telecinco.es


Vídeo sobre a noticia en Antena 3 Noticias

http://www.antena3noticias.com/PortalA3N/visormultimedia.do?id_contpag=108&idGaleriaFotos=&mostrar=videos&idGaleriaVideos=466349&vervideo=true

Fonte: antena3noticias.com


Vídeo sobre a noticia en laSexta noticias

http://www.lasextanoticias.com/videos/reproductor/58301

Fonte: lasextanoticias.com