José Miguel Contreras, conselleiro delegado de laSexta, recoñeceu onte, en Madrid, que a programación da segunda canle da cadea (o digial Hogar 10) deixa tanto que desexar como o resto de contidos na TDT. "O ano que vén, mellorarémolo", asegurou.
Pero, ao mesmo tempo, apostou por unha colaboración conxunta entre todos os radiodifusores, públicos e privados, para mellorar os contidos da Televisión Dixital Terrestre, a modo de lanzamento de canles conxuntas, algo que, segundo el, podería ocorrer no futuro. "Ten que haber unha reflexión seria sobre como será a futura TDT -engadiu- Habemos de repensar o seu modelo de negocio e ampliar o espectro radioeléctrico para a inclusión de Televisión de Alta Definición e o pago na TDT".
Finalmente, tamén predixo que, a partir da primavera que vén, os protagonistas da TDT retomarana para o seu relanzamento en materia de contidos. "Cremos na TDT e nas novas tecnoloxías", concluíu.
Fonte: mundoplus.tv
CHAMEM A POLICIA!
-
Portugal é um dos países da União Europeia com o preço das telecomunicações
mais alto. Enquanto na União Europeia o preço baixou 8,0%, em Portugal
subiu 22...
Hace 5 semanas

No hay comentarios:
Publicar un comentario