sábado, 1 de diciembre de 2007

Revista 'Mellora a cobertura TDT en...' Nº2

Teño tres temas que ten que ver coa cobertura TDT en Galicia e coa TVG
_____________________________________________________________

O GOBERNO FAI PÚBLICOS OS DATOS DE COBERTURA TERRITORIAL DA TDT AUTONÓMICA

O goberno galego informou, en resposta ao BNG, dos datos de cobertura territorial do TDT nos 315 concellos galegos. Estas cifras constatan algúns elementos significativos como os "fortes contrastes" da cobertura entre concellos como Entrimo, con só o 3,41% do seu territorio con cobertura e Rábade ou Paderne de Allariz co 100%.


O deputado nacionalista Fernando Blanco Parga interesárase na súa iniciativa pola cobertura poboacional que se ten acadado até este momento e os investimentos que se van facer para acadar o marcado no Plan Técnico Estatal da Televisión Dixital Terrestre, isto é, a cobertura do 90% da poboación antes do 31 de decembro de 2008.

O parlamentar do BNG destaca o feito de que os datos facilitados polo goberno "tan só nos poden dar unha idea aproximada da cobertura real desta nova tecnoloxía xa que, en lugar de falar de poboación afectada, fálase de cobertura territorial".

As cifras ofrecen algúns contrastes moi significativos, entre poboacións como a mencionada Entrimo ou Pontedeva, con tan só o 4,59% do territorio cuberto e os seis únicos concellos galegos que teñen actualmente o 100% do seu territorio cuberto: Taboadela, Xunqueira de Espadanedo, Portas, Rábade, Sandiás e Paderne de Allariz.

Asemade, o Goberno informa dun incremento do 17% da partida orzamentaria destinada no exercicio 2007 a axudas aos concellos para a realización de estudos de cobertura, planificacións técnicas, proxectos técnicos e para os investimentos en infraestrutura de difusión de baixa potencia en rede de frecuencia única no marco da TDT.

A Secretaría Xeral de Comunicación informa na súa resposta sobre o traballo desenvolvido e explica que "dentro das súas posibilidades, está axudando a financiar os investimentos dos concellos para mellorar a cobertura da TDT. A través de Retegal estase a asumir o sobrecusto de mantemento da rede principal autonómica de difusión da televisión dixital".

Blanco Parga pede que se faga un esforzo para que as cifras reais se correspondan cos obxectivos e lembra que xa en decembro de 2005 tiña que se ter acadado a cobertura para o 80% dos galegos/as.

Fonte: Sociedadedainformacion.eu

____________________________________________________________
A TDT NON CUBRE TOTALMENTE A NINGUNHA GRAN CIDADE GALEGA

o sistema de televisión digital terrestre (TDT) só cubre de maneIra exhaustiva seis localidades galegas, pero ningunHa das sete principais cidades, según datos da Xunta de Galicia divulgados o pasado 21/11 polo BNG.

Esta formación subliña nun comunicado que dos 315 municipios galegos hai "fortes contrastes" na cobertura dese sistema que transporta a señal das canles de televisión e que debe sustituir nos próximos anos as actuais emisións por vía analóxica o conxunto dos países europeos.

Destaca que "as seis únicas poblacións galegas que teñen actualmente o 100 por ciento do seu territorio cuberto" son Taboadela, Xunqueira de Espadanedo, Portas, Rábade, Sandiás y Paderne de Allariz.

"Ningunha das siete cidades galegas teñen cobertura total", subliña o BNG, sempre en base aos datos proporcionados pola Xunta de Galicia sobre "cobertura territorial", pese a que esta formación política había pedido datos sobre "cobertura poblacional", é decir, sobre o número de persoas que efectivamente dispoñen dese sistema nos seus domicilios.

O BNG, que goberna na Xunta en coalición co PSdeG, indica que según os datos facilitados polo Gobierno autonómico a cobertura da TDT é en Carballeda de Valdeorras de 19,61 por ciento del territorio, en Lobios del 18,3 por ciento y en Beade del 11,48 por ciento, aunque en Entrimo tan sólo alcanza al 3,41 por ciento.

Fontes da Secretaría Xeral de Comunicación da Xunta consultadas por Efe indicaron que a "cobertura poblacional" da TDT nas grandes cidades galegas é "cercana ao 100 por cen".

Puntualizaron que a penetración da Televisión Digital Terrestre depende dos emisores da señal, e precisaron que a cobertura da TVG "supera o 92 por cento" dos fogares.

Añadiron que no caso del ente público TVE a "cobertura poblacional" se encuentra en Galicia "alrededor do 85 por ciento" e que los canales privados chegan ao 70 por cento.

____________________________________________________________
A TVG PODRÁ VERSE EN ZAMORA, ASTURIAS E LEÓN

o Borrador redactado polO Gobierno estatal autorizará a creación dun nOvo múltiplex para televisións públicas das comunidades colindantes.
Un Real Decreto redactado polo Gobierno Español permitirá garantizar cas emisións das televisións públicas Autonómicas se puedan recibir nas Provincias Veciñas. Desta maneira as zonas de León,Zamora,e Asturias podrian ver gratis e a través da TDT as emisións da TVG.
O Borrador foi remitido ao Consejo Asesor das Telecomunicaciones e a sociedade da Información, para que se le dea o visto bueno. No Principio, contempla a concesión dun multiplex adicional,onde habría ata catro canles de Televisión máis para as comunidades autónomicas,coa característica de que solo serán empleados por operadores públicos.
Cuando se aprobe o proxecto,se acabará coa situación de ilegalidad que afectaba as emisiones da TVG nas comunidades veciñas. É preciso en todo caso un convenio entre os gobernos das comunidades implicadas para poder levarse a cabo.


Fonte: A VOZ DEL EO-NAVIA

No hay comentarios: