sábado, 12 de enero de 2008

A REVISTA: 'Informe mensual da TDT': Xaneiro 2008

Xa temos dispoñible o pdf de ImpulsaTDT que, como todos os meses, infórmanos da situación da TDT en España

Pero destacamos:

- Segundo a última onda do EGM a peche de novembro, o 23,4% dos fogares (3,7 millóns) ou un 26,4% dos individuos (10 millóns de cidadáns)xa dispón de polo menos un sintonizador TDT. Segundo a estimación de Sofres, a peche de decembro 2007, a penetración da TDT elevábase ao 26% dos fogares.

- No mes de novembro 2007 vendéronse 415.480 sintonizadores TDT, máis da metade deles (un 52,8%) correspóndense con televisores coa tecnoloxía TDT integrada. Dos 326.512 televisores vendidos, un 67,1% (219.206 unidades) incorporaban sintonizador
TDT, cando o mes anterior representaban o 62%, confirmando que continúa a tendencia
decreciente da venda de televisores analóxicos (107.000 unidades no último período).

- O Senado aprobou unha moción que insta ao Goberno, conxuntamente coas
Comunidades Autónomas e outras administracións
, a garantir o dereito dos usuarios
a recibir a información necesaria para saber se o aparello de televisión que vaian comprar está adaptado ou non á TDT.

- Este ano 2007 finaliza cun 9,5% de cota de pantalla da TDT, sendo 4,6 millóns de persoas as que xa contactan diariamente coa TDT. Madrid é a comunidade líder na implantación da TDT cunha cota de pantalla da TDT que se eleva ata o 16,2% e onde case un millón de cidadáns gozan da nova tecnoloxía diariamente.

- A valoración xeral da TDT naqueles fogares que xa a gozan sitúase en 6,8
puntos nunha escala de 1 a 10
, sendo a calidade de imaxe e son e a variedade de contidos os aspectos positivos con maior número de mencións.

URL do PDF:
<"http://www.impulsatdt.es/pdf/boletin/INFORME_MENSUAL_ENERO%202008.pdf">

Unhas cousas sobre o PDF:

- A páxina está en castelán
- Se non tes instalado no teu ordenador un PDF, descárgateo:
<"http://www.adobe.com/es/products/acrobat/readstep2.html">

Fonte: impulsaTDT

No hay comentarios: