sábado, 10 de mayo de 2008

Faltan dous anos para o apagamento analóxico e só o 13% recibe TDT en Baleares

O apagamento analóxico, no que unicamente os televisores con decodificador ou con receptor de televisión dixital terrestre (TDT) incorporado poderán recibir o sinal, producirase dentro de dous anos e, ata o momento, só entre o 12 e 13 por cento da poboación balear dispón desta tecnoloxía. Segundo datos da Conselleria de Economía, Facenda e Innovación facilitados a Efe, o índice de penetración da TDT en Baleares sitúase por baixo do 13 por cento, fronte ao 22 ou 23 por cento que alcanza de media estatal.

Os cidadáns das illas que non dispoñan dun aparello receptor adaptado para o sinal dixital e que non adapten a antena á recepción, non verán a televisión a partir do 30 de abril de 2010, data na que está previsto o chamado "apagamento analóxico".

Na actualidade xa hai cadeas de televisión que emiten de forma dixital, pero desde o 30 de xuño de 2009 farano todas en Menorca e Eivissa, e o 31 de decembro en Mallorca, no que se coñece como o "aceso dixital".

Para axilizar a adaptación dos fogares das illas á nova tecnoloxía, O Govern concedeu unha subvención de 535.000 euros á Asociación de Empresas Instaladoras de Telecomunicacións de Baleares (ABITEL) para fomentar a dixitalización e antenización dos sinais de TDT e facilitar o acceso ás mesmas por parte das comunidades de propietarios.

Con esta axuda, reduciranse os custos dos traballos que fagan os antenistas nos edificios das illas. Os descontos irán desde os 150 euros menos para as instalacións toda banda e ata 400 euros para a instalación de adaptacións do equipamento de cabeceira da antena colectiva con amplificadores monocanal.

A cobertura da televisión dixital no territorio balear é bastante ampla e, segundo a Conselleria de Economía, Facenda e Innovación, unicamente nalgunhas zonas da Serra de Tramuntana de Mallorca e lugares puntuais de Eivissa e Menorca non se ve ben aínda.

O Govern prevé que a finais de 2009 haxa repetidores que permitan a recepción da TDT en todo o territorio da comunidade.

Fonte: diario de Mallorca

No hay comentarios: