A canle temática que emite en aberto en TDT, inclúe novas propostas para nenos e novos: series de animación para os máis pequenos da casa e dobre sesión de cine os sábados e domingos.
Clan TVE continúa envorcado no público infantil e xuvenil. Coa chegada das vacacións escolares, Clan TVE reforzou a súa oferta gratuíta e agora, en agosto, tamén trae novidades como a emisión de novas series de animación e máis cine de aventuras e debuxos animados para os fins de semana.
Máis cine, en Clan TVE
Durante o mes de agosto, Clan TVE potenciará a súa oferta de cine cunha dobre sesión, os sábados e os domingos, ás 15:30 e os domingos, ademais, tamén ás 22:00.
Algúns dos títulos que se poderán ver son "La gran aventura del Inspector Gadget", "Pastelito de fresa", "Scooby doo y la leyenda del vampiro", "La isla del tesoro?, "Fevel IV y el misterio del monstruo nocturno", "El diminuto mundo de David el Gnomo", "Los Supersónicos", "Tarzán y la ciudad perdida", "Superman IV, en busca de la paz", "El señor de los anillos II", "Slappy y los mofetas" ou "La Familia Adams III".
E, ademais, unha novidade, a partir do día 26, para a noite dos sábados: ás 22:30- e domingos -ás 23:45-: a serie "Paco y Veva", protagonizada por Hugo Silva, Elena Ballesteros e Beatriz Carvajal.
Series de animación
"Vicky el viquingo", "Edebits" e "Fluvi" comezarán a emitirse durante o mes de agosto. "Fluvi", a partir do día 4 de luns a domingo ás 09:00 e ás 16:00- é a mascota da Expo Zaragoza. As aventuras de Flu desenvólvense nun parque acuático e é unha serie que transmite aos nenos valores de medio ambiente, o aforro da auga e o coidado e o respecto pola natureza.
"Vicky el viquingo" chegará ás pantallas de Clan TVE o 12 de agosto, tamén de luns a venres, ás 09:00 e ás 18:40. Unha serie de animación que mostra aos nenos a vida e costume dos viquingos e co que a través do protagonista os máis pequenos aprenderán o importante que é usar a intelixencia en lugar da forza.
Fonte: RTVE
No hay comentarios:
Publicar un comentario