jueves, 7 de agosto de 2008

O PSOE quere que todas as cadeas autonómicas poidan verse en todo o país

O senador do PSOE por Baleares, Xavier Ramis, presentará en setembro unha proposta para que a emisión de todas as cadeas autonómicas poida verse en todos os territorios do país.

O obxectivo desta proposta que presentará o PSOE é que toda a cidadanía poida ter acceso á información doutras rexións. O texto xa está totalmente redactado e será presentado na Cámara Alta co inicio do novo curso político.

A iniciativa parlamentaria pretende achegar a cultura e a lingua de cada comunidade ao constituír estas unha parte fundamental do Patrimonio do país. Unha proposta que fronte á visión das linguas como un elemento de separación emprendida desde sectores conservadores, mostrará a todos os cidadáns que son un elemento de riqueza do país.

Segundo Ramis as televisións nacionais "non baixan aos niveis tan específicos de información" como no caso dos entes autonómicos, polo que enxalzou a conveniencia de que as "festas, cultura e lingua" de cada comunidade poida ser visible en todas as zonas de España.

A proposta aínda que positiva pode non ser do todo rendible para as propias cadeas autonómicas xa que, en parte, a súa audiencia depende dos contidos e as estreas de series cuxos dereitos posúe a Forta. Se se produciera esta emisión nacional, as cadeas estarían dalgún xeito obrigadas a ofrecer unha programación consensuada, para non perder ingresos publicitarios nin espectadores.

Tería pouco sentido que as estreas de series estranxeiras fose graduado, xa que as máis prexudicadas serían as propias cadeas. Pola contra, esta sería unha das maiores vantaxes coas que contaria o espectador: posibilidade de ver unha estrea en diferentes días, segundo a cadea en cuestión.

"Canles hai moitos e estamos estudando distintas vías, sexa por Internet, sexa vía satélite ou crear unha canle no que cada comunidade autónoma poida emitir os seus programas que consideren máis interesantes, para que todos os cidadáns poidan ver o que pasa noutras autonomías", engadiu o senador.


Fonte: FórmulaTV.com

No hay comentarios: