A Generalitat Valenciana porá en marcha a canle T-Administración, unha plataforma interactiva de información ao cidadán a través da Televisión Dixital Terrestre. Anunciouno onte a consellera de Xustiza e Administracións Públicas, Paula Sánchez de León, tras un almorzo informativo cos xornalistas.
O obxectivo, segundo explicou Sánchez de León, é adecuar todos os servizos que ofrece a administración autonómica a través de Internet para que os cidadáns accedan a contidos como bolsas de traballo, ou eventos culturais mediante o mando a distancia do receptor de TDT.
Para levar a cabo esta iniciativa, a Generalitat publicou xa a licitación para o deseño, desenvolvemento e integración de aplicacións deste proxecto, cun orzamento de licitación de 205.000 euros, que forma parte do montante total do proxecto que ascende a 300.000 euros.
Fonte: ABC.es
CHAMEM A POLICIA!
-
Portugal é um dos países da União Europeia com o preço das telecomunicações
mais alto. Enquanto na União Europeia o preço baixou 8,0%, em Portugal
subiu 22...
Hace 5 semanas

No hay comentarios:
Publicar un comentario