domingo, 1 de marzo de 2009

Radio Televisión de Castela e León ten previsto comezar a emitir en dixital (TDT) o luns 2 de marzo.

CYL7 e CYL8 serán as canles de emisión, aínda que a programación non vai cambiar de forma espectacular de momento. Quizá o momento elixido para ver a nova ?tele? autonómica sexa en setembro, cando empece o último curso político completo antes das eleccións municipais e autonómicas de 2011. Todo ten o seu truco. O primeiro das canles será o "estrela" e terá unha emisión autonómica e os mellores programas. O segundo será tamén rexional, pero terá desconexións territoriais para envorcarse na programación local.











Fonte: mundoplus.tv

No hay comentarios: