viernes, 21 de diciembre de 2007

O Congreso aproba a nova Lei da Sociedade da Información

O Congreso dos Deputados aprobou a Lei de Medidas de Impulso da Sociedade da Información, que se enmarca no conxunto de medidas que constitúen o Plan 2006-2010 para o desenvolvemento da Sociedade da información e de converxencia con Europa e entre as Comundidades e Cidades Autónomas (Plan Avanza).

O Plan Avanza prevé a adoción dunha serie de iniciativas normativas dirixidas a eliminar as barreiras existentes á expansión e uso das tecnoloxías da información e a garantir os dereitos dos cidadáns na Sociedade da Información. Nesta liña, introdúcense innovacións normativas que cobren baleiros normativos existentes, eliminan obstáculos e potencian os dereitos dos cidadáns.

A Lei establece que o Ministerio de Industria, Turismo e Comercio planificará frecuencias para a xestión individual do servizo de televisión local de proximidade por parte de entidades sen ánimo de lucro que se atopen habilitadas para emitir ao amparo da Lei de Televisión Local por Ondas Terrestres, sempre que dispoña de frecuencias para iso.

Teñen a consideración de servizos de difusión de televisión en proximidade aqueles sen finalidade comercial que, utilizando as frecuencias que en razón do seu uso por servizos próximos non estean dispoñibles para servizos de difusión de televisión comercialmente viables, están dirixidos a comunidades en razón dun interese cultural, educativo, étnico ou social.

A canle de televisión difundido o será sempre en aberto. A súa programación consistirá en contidos orixinais vinculados coa zona e comunidade á que vaian dirixidos e non poderá incluír publicidade nin televenta, aínda que se admitirá o patrocinio dos seus programas.

As Comunidades Autónomas adxudicarán as correspondentes concesións para a prestación de servizos de televisión de proximidade. As concesións outorgaranse por un prazo de cinco anos e poderán ser renovadas en tres ocasiónes.

Fonte: mundoplus.tv

No hay comentarios: