A oferta da TDT non chega a cada obxectivo de público, recentemente declarou Ricardo Sánchez, director da canle musical da TDT Fly Music. Fly Music leva dous anos funcionando na nosa TDT e pertence ao grupo de medios Vocento (diario "ABC", canle de TDT Net TV). Neste tempo, a canle incrementou a súa audiencia desde o 0,6 por cento ao 1,07 por cento. O seu Director comentou ao portal "PR Noticias" que a canle ten unha oferta "arriscada, nova e, quizais, non o máis rendible para o resto das plataformas".
Neste sentido, o directivo declara que os cambios nos contidos de TDT produciranse en dous anos. "O resto de canles dixitais van sen risco porque non queren ser os primeiros en arriscarse en fallar -di- Están esperando a ver que ocorre. Nós adiantámonos no panorama do apagamento e centrámonos nun tipo de público moi específico, que, en definitiva, é cara a onde se orienta a TDT, ás canles especializadas".
E de face ao futuro, o Director avanza que a canle apostará pola música en directo e os festivais innovadores.
Fonte: sateliteinfos.com
CHAMEM A POLICIA!
-
Portugal é um dos países da União Europeia com o preço das telecomunicações
mais alto. Enquanto na União Europeia o preço baixou 8,0%, em Portugal
subiu 22...
Hace 5 semanas

No hay comentarios:
Publicar un comentario