O Executivo rioxano estudará con eles a aceptación desta nova tecnoloxía A localidade de Autol iniciou a mesma experiencia en maio do ano pasado.
O Goberno da Rioxa porá en marcha dous proxectos pilotos de implantación da Televisión Dixital Terrestre (TDT) nas localidades de Pradejón e San Asensio. Así o anunciaron o presidente do Executivo rexional, Pedro Sanz, e o conselleiro de Administracións Públicas, Conrado Escobar, durante a presentación do Plan para o Impulso da TDT na Rioxa aos responsables de diversos colectivos interesados.
A experiencia nestes municipios, así como outra iniciada en Autol en maio de 2007, de similares características, pretende coñecer o grao de aceptación da nova tecnoloxía por parte dos cidadáns. Tanto en Pradejón como en San Asensio, o Executivo rexional establecerá axudas para a antenización, distribución de sintonizadores e varias accións divulgativas.
Estender a cobertura
Ademais destes proxectos pilotos, o aspecto máis destacado do Plan para o Impulso da TDT é estender a súa cobertura, que actualmente abarca o 90% da rexión, para que alcance a todos os municipios da Comunidade Autónoma antes de que termine 2009.
Para iso establecéronse catro fases de actuación, cada unha delas dun semestre de duración. A primeira, xa comezada, levará a cobertura a localidades como Ezcaray e Cervera, e situará a cobertura no 93%. As outras tres fases deixarana no 96, 98 e 100%.
Realizaranse tamén actuacións encamiñadas a apoiar o labor de antenistas e comerciantes e, coa colaboración destes, lanzaranse campañas divulgativas. A edición de folletos, a posta en servizo dun teléfono e unha páxina web informativa e a apertura de 'TDTecas' serán outras accións incluídas neste Plan do Goberno rioxano. Para rematar, crearase un Observatorio da TDT para solicitar todo tipo de información. O Executivo rexional investirá neste impulso da Televisión Dixital Terrestre un total de 3.850.000 euros
Fonte: El Correo Digital
DAB+ - A rádio digital terá nova oportunidade em Portugal
-
A rádio digital irá ter nova oportunidade para vingar em Portugal. Após o
fracasso das emissões DAB que foram encerradas em 2011, em breve será
iniciado um...
Hace 3 meses
No hay comentarios:
Publicar un comentario