miércoles, 5 de noviembre de 2008

Neox e a URJC fan un programa pioneiro

Antena 3 Neox e a Universidade Rei Juan Carlos están preparando un programa de entrevistas chamado O Círculo, cuxa principal novidade é que no mesmo participarán alumnos da propia universidade. O formato será unha mestura entre "Si fuera tú", programa que emitiu Antena 3 e "Tengo una pregunta para usted", de TVE. O condutor será Carles Marín.

Os programas rodaranse no estudio da universidade, que ten unha superficie de 300 metros cadrados. Os alumnos, ademais de facer as preguntas aos distintos invitados, colaborarán en tarefas de redacción, produción, guión e realización, asesorados por profesionais da casa. Será unha oportunidade para que os estudantes de xornalismo e comunicación audiovisual teñan unha experiencia directa nun medio de comunicación dentro da propia universidade. Aínda que poderán participar algúns alumnos procedentes doutras carreiras.

Os grupos estarán formados por alumnos de terceiro, cuarto e quinto de carreira, serán un total de 20 ó 30 por grupo, e o máis probable é que vaian rotando, polo éxito de convocatoria que tivo. Participar no círculo dará aos estudantes créditos de libre configuración para a carreira.

O sistema establecido será unha xerarquía, dentro de cada grupo haberá un responsable que coordinará en traballo en equipo. Estes responsables serán os alumnos de cursos máis avanzados, despois o profesor Carles Marín revisará o traballo feito por estes equipos. Carles Marín conta cunha ampla experiencia en televisión. traballou en TVE en Baleares e Cataluña, en Antena 3 Baleares, en Telenova e na Canle 37.

Aínda que aínda non se ultimaron todos os detalles sabemos que comezarán a gravar esta semana e que acudirán invitados de relevancia. Os alumnos están entusiasmados con este proxecto pioneira de Antena 3 Neox.


Fonte: PRNoticias

No hay comentarios: