Todo sobre a TDT en Porriño, Mos, Salceda de Caselas e Tui
"Moitos destes dispositivos, fabricados fóra da UE e comercializados baixo diferentes marcas, violan as leis, xa que non pagan dereitos polo emprego dos algoritmos de procesamiento dos sinais e o software propietario desenvolvido con tal fin", asegura a compañía nun comunicado á vez que cualifica estas prácticas de "contrarias a toda ética audiovisual".
O fabricante de antenas Televes denunciou hoxe a proliferación de receptores de TDT que, á súa entender, incumpren as leis da propiedade industrial ao eludir o pago de 'royalties' polo uso da tecnoloxía que incorporan.
Así mesmo, Televes considera que esta situación afecta tanto a consumidores como a fabricantes e distribuidores. No caso destes dous últimos, a empresa afirma que co fin de abaratar custos para facer fronte á falta de pagamento de dereitos, "arríscanse a sufrir sancións económicas (..) e a sufrir un repentino corte da subministración de equipos" que repercutiría negativamente nos seus clientes.
A dixitalización de servizos de audio e vídeo supón o uso de algoritmos que procesan os sinais. Para a compresión da información, transmisión e almacenamento utilízanse rutinas de software identificadas por siglas como MPEG, DVD, MP3, DVIX, entre outras. En concreto, a recepción do sinal de televisión dixital terrestre implica o uso da tecnoloxía DVB-T.
O emprego destes estándares tecnolóxicos leva a utilización de software propietario. Todo fabricante ou importador que o implemente nos seus produtos está obrigado a establecer un contrato de licenza de uso. Este contrato establece un acordo bilateral polo cal o titular dos dereitos da tecnoloxía outorga á outra parte o dereito a utilizalo a cambio dun prezo, comunmente coñecido como 'royalty'.
Fonte: Hoy Tecnología
Artigo orixinal: http://www.hoytecnologia.com/noticias/Televes-denuncia-proliferacion-receptores/103071 (edición en castelán)
DAB+ - A rádio digital terá nova oportunidade em Portugal
-
A rádio digital irá ter nova oportunidade para vingar em Portugal. Após o
fracasso das emissões DAB que foram encerradas em 2011, em breve será
iniciado um...
Hace 1 mes
No hay comentarios:
Publicar un comentario