sábado, 9 de febrero de 2008

Antena.neox estrea Webmaster TV, o primeiro concurso de televisión totalmente interactivo

> Aberto a todos xa que conta cunha vía de participación gratuíta e universal, INTERNET, e non existe unha selección previa dos participantes

> Tamén se poderá concursar en Webmaster TV a través do teléfono móbil

> Borja Voces presentará o concurso


Antena.neox estrea mañá mércores, ás 15:15 horas, Webmaster TV, un concurso totalmente interactivo no que, por primeira vez en televisión, non existe selección previa dos participantes. Para participar só necesítase Internet.

Outra das grandes novidades deste concurso é a súa emisión simultánea en televisión (Antena.neox) e Internet (www.webmastertv.es). Ademais, trátase do primeiro concurso de televisión no que se pode participar sen estar diante da tele.

Webmaster TV é un formato de Nicolás Gruber producido por Chama TV que se emitirá de luns a venres.

A mecánica do concurso

O concurso consta de 10 preguntas. A persoa que conteste máis rápido a estas cuestións a través de Internet, será premiada con 200 euros cada día e será considerada o/a "WEBMASTER do día". En caso de empate, gañará o que sexa máis rápido contestando a última pregunta.

Algunhas preguntas poderanse contestar tamén a través do móbil. Os concursantes máis rápidos recibirán 100 euros de premio por cada pregunta. Eles serán os "SMSMASTER do día".

En cada pregunta lanzada polo presentador, acompañada das imaxes máis frescas e divertidas, mostrarase un reloxo que sempre marcará un minuto. Este é o tempo do que disporán os concursantes para contestar a cada unha das cuestións.

Entre as seccións que aparecerán habitualmente están: Deportes, Actualidade, Ciencia, Tecnoloxía, Música, Cine, TV, Viaxes, Medio Ambiente, Literatura etc.

O presentador: Borja Voces

Borja Voces é un mozo polifacético que participou no concurso musical "OT" demostrando os seus grandes dotes como cantante. Tamén fixo cine e teatro e apareceu en varias series de televisión como "El Comisario" ou "Ana y los 7".

Fonte: notas de prensa de Antena 3 (adaptado)

No hay comentarios: