O Consello de Administración de RCS Mediagroup, na reunión ordinaria celebrada na sede madrileña da súa participada Unidade Editorial, aprobou os resultados preliminares do grupo, así como a adquisión por parte da sociedade española do conxunto dos títulos dos accionistas minoritarios de Veo TV, equivalente ao 44,6% do capital.
A operación supón un investimento de 88,5 millóns de euros (o 55,4% restante do capital de Veo TV xa estaba en mans do grupo). RCS financiará a compra mediante liñas de crédito xa dispoñibles. Este impacto non foi incluído nos obxectivos financeiros de 2010, anunciados ao mercado na presentación do seu plan industrial o pasado mes de xullo. Veo TV é titular dunha concesión de Televisión Dixital Terrestre (TDT) en España, que xa se atopa operativa, tras estrear a súa programación en 2006.
Na reunión, presidida por Piergaetano Marchetti, analizáronse tamén os resultados do grupo multinacional italiano en 2007. Os ingresos creceron durante o ano pasado un 15% ata alcanzar a cifra de 2.738,7 millóns de euros, incluíndo 251,5 millóns de Recoletos, que foi adquirido por RCS no segundo trimestre do ano pasado.
Sen contar os beneficios procedentes de Recoletos, o grupo mellorou un 4,5%, incluíndo contribucións positivas de varias divisións do grupo, como é o caso de Unidade Editorial.
O Ebitda de RCS aumentou en 73,6 millóns de euros, o que supón pasar dos 286,7 millóns de euros de 2006 ata os 360,3 millóns de euros, incluíndo 59,8 millóns procedentes de Recoletos. Sen contar este grupo, o Ebitda aumentou un 4,8%.
Fonte: elmundo.es
Serviço Minimo: TDT está por um fio, rádio parou no tempo.
-
Caro leitor, após prolongado silêncio ditado pela ausência de novidades,
não resisto a partilhar o meu desgosto sobre o estado da televisão e da
rádio no n...
Hace 2 días
No hay comentarios:
Publicar un comentario