lunes, 23 de junio de 2008

O novo portal temático da TDT en Galicia xa está operativo

A Dirección Xeral de Comunicación Audiovisual puxo en marcha esta semana o portal temático da TDT en Galicia, http://www.tdtgalicia.es. Este portal achega información a través da rede tanto de carácter xeral como específica sobre a televisión dixital terrestre e diríxese tanto aos cidadáns como aos profesionais relacionados con esta nova tecnoloxía. Con esta ferramenta de consulta os usuarios poderán coñecer, entre outros, as vantaxes que presenta esta nova tecnoloxía, os pasos necesarios para acceder á mesma ou o progreso do proceso de despregamento da nova televisión na Comunidade.

O lanzamento enmárcase dentro dunha serie de iniciativas levadas a cabo desde a Xunta de Galicia, encamiñadas a asegurar a correcta implantación da televisión dixital terrestre na rexión. Así, tras a creación e posta en marcha da oficina técnica de TDT e do primeiro plan piloto de apagamento analóxico a nivel nacional realizado fai uns meses en Fonsagrada, este portal eríxese como peza fundamental de consulta. A iniciativa pretende dar resposta a todas as necesidades de información que puidesen ter tanto os consumidores como os axentes involucrados (fabricantes, operadores de rede, radiodifusores, etc.)

O portal estrutúrase nas seguientes grandes áreas:

-Información xeral da TDT: Conterá información ao detalle acerca da TDT e das súas vantaxes.

-Consumidores: Explicará cales son os tres pasos básicos que deben tomarse para acceder á nova televisión.

-Axentes: Achegará aos diferentes profesionais relacionados coa TDT de datos de contacto, información acerca da lexislación vixente e demais información de carácter técnico.

-Oficina Técnica de TDT: Ofrecerá unha primeira visión sobre a estrutura da mesma, sobre os obxectivos que nesta perseguen e os servizos que presta.

Os contidos presentados en cada un dos apartados do portal evolucionarán progresivamente na medida en que avance o proceso de despregamento da televisión dixital terrestre.

Ademais das áreas temáticas comentadas con anterioridade, o cidadán poderá acceder a outros apartados.


Fonte: abc.es

No hay comentarios: