martes, 29 de julio de 2008

Filmax e Grupo Godó lanzarán unha canle de cine de TDT en aberto




A nova canle, que empezará as emisións a partir de novembro, contará con múltiples aplicacións que permitirán informar ao espectador de todos os datos sobre as películas.

Filmax Entertainment e Grupo Godó de Comunicación acordaron hoxe o lanzamento dunha canle temática de cine en aberto de Televisión Dixital Terrestre (TDT), incluído dentro do múltiplex autonómico que pertence ao grupo catalán.

A canle iniciará as súas emisións en probas a partir de novembro e chegará a todo o territorio catalán en decembro, sempre que o Consello Audiovisual de Cataluña (CAC) outorgue a autorización necesaria.
A nova canle contará con diversas aplicacións que permitirán informar ao espectador do título, director, repartición, sipnosis, duración e outros datos das películas e series, que se emitirán diariamente.


Fonte: lagaceta.es

No hay comentarios: