jueves, 11 de septiembre de 2008

laSexta cre que "é complicado" que nun futuro próximo "España non teña TDT de pago"

Antonio García Ferreras, director de laSexta, asegurou hoxe que lle resulta "complicado" que nun futuro próximo "España non teña TDT de pago. O que eu creo é que o Goberno non contempla agora mesmo unha TDT de pago, pero non que descarte definitivamente esta posibilidade".

Ferreras, que fixo estas declaracións ante un grupo de xornalistas na presentación da programación de fútbol da súa cadea, contestaba así á vicepresidenta do Goberno, María Teresa Fernández de la Vega, quen fai uns días afirmou que o Executivo desesetimaba que houbese TDT de pago.

Así mesmo, o director de laSexta asegurou que esta cadea ofrecerá todos os sábados un "partido gratis e interesante", a pesar de "a guerra do fútbol" que manteñen Mediapro e Sogecable polos dereitos dos equipos de fútbol. "Nós apostamos pola paz, como Barack Obama", engadiu.

Entre os encontros que retransmitirá laSexta están o Barça-Real Madrid, que se disputará o 13 de decembro, e o Barça-Atlético de Madrid, adiantou Ferreras.


Fonte: discapnet.es

No hay comentarios: