O ministro de Industria, Turismo e Comercio, Miguel Sebastián, asegurou hoxe que está "plenamente convencido" de que este ano se producirá unha solución "de consenso" para a posible incorporación de contidos de pago á TDT.
Durante a súa intervención no XXI Encontro de Telecomunicacións, Sebastián sinalou que o acordo entre as diferentes cadeas xeneralistas que operarán en TDT é o obxectivo do Executivo. "Queremos unha solución de consenso e estamos plenamente convencidos de que o haberá ao longo de 2009", dixo.
O pasado mes de xullo, o ministro de Industria explicou que "aínda hai tempo" para alcanzar un acordo respecto dos contidos de pago e indicou, en alusión ás posturas enfrontadas de varios operadores, que "ata as disparidades máis incribles poden acabar nos consensos máis razoables".
Fonte: laopinion.es
CHAMEM A POLICIA!
-
Portugal é um dos países da União Europeia com o preço das telecomunicações
mais alto. Enquanto na União Europeia o preço baixou 8,0%, em Portugal
subiu 22...
Hace 4 semanas

No hay comentarios:
Publicar un comentario